Día do Libro

Para celebrar o Día do Libro, o día 23 de abril tivemos unha xornada de Bibliopatio á que nos acompañaron as familias, fixemos un concurso de adiviñas de personaxes de contos e a ANPA fixo entrega dos premios do «VI Concurso Literario». Durante a semana levamos a cabo diferentes actividades para o fomento da lectura.