Contigo son!

Con este lema comezamos un novo curso cheo de retos, pero con moita enerxía para poder levalos a cabo. Este foi o noso compromiso durante a inauguración de curso, na que representantes de todas as etapas educativas, xunto co profesorado, PAS e ANPA compartimos todo o que queriamos traballar neste primeiro trimestre. Ademais do cartel que nos acompañará durante este curso, o noso fío condutor tamén será un libro, un libro ao que iremos engadindo novas páxinas en forma de retos. Contigo son, convídanos a contar cos demais, a mellorar como persoas tendo en conta a importancia de coidar para medrar, para ser mellores amigos, mellores compañeiros e persoas moito máis comprometidas.

Música, xogos e actividades deportivas acompañáronnos durante a xornada de inauguración, onde alumnado e profesorado demos os primeiros pasos deste novo curso. Comezamos!