Concurso ECOVOZ

O alumnado de 6° de Educación Primaria vén de gravar este 22 de febreiro a primeira participación do noso colexio no Concurso ECOVOZ da cadena Radiovoz. Para participar, o alumnado estivo estudando un temario de Ciencias durante as últimas semanas. Agradecer moito a implicación dos participantes que o fixeron moi ben! Ademais de saír na radio o día 5 de marzo, tamén veu un reporteiro da Voz de Galicia a sacarnos unha foto! Desta vez non puidemos gañar pero no caso de repesca o noso colexio é o mellor clasificado. Crucemos os dedos!