Como o digo (4º ESO)
A expresión oral é unha habilidade fundamental para o desenvolvemento do noso alumnado. As exposicións e o teatro no Colexio convértense en ferramentas esenciais para fortalecer esta competencia. Integrar estas actividades na aula non só mellora a capacidade de falar en público, senón que tamén potencia a creatividade e o traballo en equipo.
Con este obxectivo, realizamos nos dous últimos meses un proxecto interdisciplinar titulado COMO O DIGO en 4º ESO. Neste proxecto participaron as materias de Xeografía e Historia, Bioloxía e Francés.
Os alumnos de Francés representaron unha obra de teatro do conto popular Le loup et les sept chevreaux (O lobo e os 7 cabritos) para os alumnos de 3º EP. Aos pequenos encantoulles a sorpresa e seguiron con atención e abraio toda a obra na lingua francesa!!
Os alumnos de Bioloxía fixeron de profesores durante dúas sesións e foron explicando aos compañeiros cómo podemos ler nas marcas terrestres o que ocurriu no planeta e qué especies o habitaron antes que os humanos.
Amosaron saber traballar de forma cooperativa, fortaleceron a expresión oral en público e puxeron en práctica a súa competencia dixital.
