Celebración de Entroido
Este ano a festa de Entroido foi unha explosión de colorido. As familias dos alumnos convertéronse nos espectadores entusiastas dun festival cheo de bo humor e resultado dun traballo en equipo de profesores, profesoras, nais, pais e alumnado.
A festa comezou pola mañá con xogos organizados por Ciclos Formativos para continuar co concurso de disfraces do alumnado da ESO, con desfiles e coreografías. Pola tarde foi o turno de Primaria e Infantil. A festa rematou cos tradicionais postres típicos nos que colaboraron as familias e a Concellería de Cultura de Noia.
Esperamos que todos gozárades do Entroido no colexio e que levárades un recordo inesquecible.