Celebración de entrega de diplomas de Cambridge e DELF

O mércores 24 de xaneiro celebramos no noso colexio a entrega de diplomas dos exames de inglés e francés realizados o pasado mes de xuño.

A importancia dos idiomas é ben recoñecida, e no noso centro non dubidamos en preparar ao alumnado dende idades temperás para que dominen este campo.

Este ano continuamos coa celebración conxunta, na que participaron tanto os alumnos que se presentaron ás probas de Cambridge e DELF do noso colexio como algún dos que xa remataron os seus estudos no centro. Asistiron tamén as familias, o director e o equipo de plurilingüismo.

Desta vez, a celebración tivo lugar no ximnasio cunha fermosa decoración, o que fixo o lugar moi acolledor. Aproveitamos a ocasión para agradecer a todos aqueles que contribuíron na preparación desta celebración, pois sen eles non sería posible. Grazas a todos e todas polo voso traballo e colaboración!

Para o ano máis e mellor. Estamos moi orgullosos dos nosos alumnos que cada ano dan o mellor de sí.

Parabéns a todos!