Alumnado admitido curso 2024/2025

Publicadas as listaxes de admitidos para o curso 2024/2025 nas etapas de Infantil, Primaria e ESO. As listaxes pódense consultar presencialmente no taboleiro interior do colexio ou ben telemáticamente con certificado dixital ou Chave365 na aplicación admisionalumnado no apartado «2 Solicitudes > 2.5 As miñas solicitudes».

A principios de xuño, as familias solicitantes recibirán un correo electrónico no enderezo proporcionado na solicitude de admisión cun recordatorio dos prazos de matrícula e a documentación a achegar (pódense consultar no punto 7 desta páxina), e un enlace aos impresos de matrícula en formato pdf (que tamén estarán dispoñibles en papel no colexio durante o periodo do matrícula).

Máis información xeral do proceso no apartado Admisións.