Acto de graduación de 4º ESO
Este curso, unha vez máis, despedimos aos alumnos de 4º de ESO cun emotivo acto de graduación no que participou todo o profesorado do colexio, os nosos alumnos e as familias. Agradecemos ao Concello de Noia os medios que nos proporcionaron a través do Concelleiro de Cultura, José Pérez.
Para nós é unha celebración na que se rende homenaxe ao esforzo de alumnos e de profesores, ao longo de varias etapas educativas en moitos casos, e á confianza que as familias depositaron en nós nestes anos.
Arrancamos cunha peza musical a cargo de alumnos de 4º co profesor de Música e ao longo do acto representantes de pais e nais, de profesores e de alumnos, deixáronnos as súas emotivas mensaxes de despedida. Igualmente conmovedor foi o vídeo que nos prepararon os alumnos graduados coa axuda do seu profesor de inglés.
Moi boa sorte a todos e grazas por encher as nosas aulas de vida, traballo e ilusión. No colexio Maria Assumpta sempre seredes benvidos.
Cremos en vós.