A Gran Mazá

Ao longo deste trimestre os nenos e nenas de tres anos viaxamos a Nueva York. Aprendemos a situalo no mapa, a súa bandeira, lingua, gastronomía, costumes… Alucinamos cos seus rañaceos, coa Estatua da Liberdade, Central Park e os seus taxis amarelos!! Foi unha viaxe moi emocionante e enriquecedora para todos.