A danza da choiva
Neste segundo trimestre o alumnado de 4º de Educación Infantil traballaron os «indios», aprenderon moito das distintas tribus, sobre todo o respectuosas que eran coa natureza, da que cultivaban e usaban plantas para facer as súas mediciñas. O medio de transporte que empregaban era o cabalo e a canoa, gustáballes moito pescar e tamén cazar, coa pel do bisonte facían os tipis e as súas roupas. Non tiñan móbiles e enviaban as mensaxes a través de sinais de fume, pero unha das cousas que máis nos fixeron desfrutar dos indios e que copiamos foi que festexaban todo con danzas ao redor dunha fogueira, aquí podedes ver todo o que disfrutamos!