Celebración Día das Letras Galegas 2026

O pasado 15 de maio, o noso colexio vestiuse de festa para honrar a lingua e a cultura galega no Día das Letras Galegas.

Foi unha xornada chea de alegría, música e moito talento.

O alumnado preparou durante semanas diferentes coreografías e pezas musicais  que puideron amosar ante as familias e o resto da comunidade educativa.

Desde o colexio queremos agradecer o esforzo do alumnado, do profesorado e das familias que fixeron posible esta celebración.