Entrega de diplomas
No día de hoxe fixemos entrega dos diplomas ao alumnado que superou con éxito as certificacións oficiais de Cambridge e DELF.
Este recoñecemento pon en valor o seu esforzo, constancia e compromiso coa aprendizaxe de idiomas, así como o traballo realizado ao longo do curso. Dende o colexio queremos felicitalos por este logro e animalos a seguir avanzando na súa formación académica e persoal.

