Adivina, adivinanza…

No segundo trimestre o alumnado de tres anos traballou o proxecto a “Danza da Choiva”, coa que aprendemos sobre os costumes e vocabulario relacionado cos Indios.

Introducir aos nenos en diferentes culturas, axúdalles a entender e apreciar a diversidade do mundo, isto fomenta o respecto e a empatía cara aos demais dende ben pequenos.

Ademais, as distintas tribus axúdannos a conectar coa natureza e a desenvolver un sentido de responsabilidade cara ao medio ambiente e os animais.

Disfrutamos moito con este proxecto!