Benvido inverno!

En Infantil experimentamos o fría que estaba a neve a través dun experimento con bicarbonato de sodio e auga. Esta é unha forma lúdica de achegar os nenos e nenas á ciencia, así como familiarizarnos coa estación do inverno na que estamos.

Ao manipular e moldear a neve falsa estimulamos o sentido do tacto e axudamos a desenvolver as habilidades motoras finas.

Tamén fomentamos o traballo en equipo e a socialización, se o alumnado traballan xuntos aprenden a colaborar, compartir ideas e comunicarse, o que é fundamental para o seu desenvolvemento social.

E por último e o máis importante, disfrutamos moito este experimento!!