Taller de iPads
Un taller de iPads é o mellor para presentar o noso proxecto dixital ás familias de 2º de Primaria. Os pais e nais teñen a oportunidade de coñecer, de primeira man, como os seus fillos e fillas utilizarán estes dispositivos nas aulas a partir do curso que vén experimentando con diferentes apps grazas ao noso alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria que para a ocasión exercen de profes. E vaia se nos poñen a traballar!