Felicidades Santa Cándida!

Celebramos con gran alegría o Aniversario de Santa Cándida. Comezabamos a xornada cunha Eucaristía adicada á nosa fundadora. Os alumnos máis pequenos fixeron unha procesión con ofrendas florais para felicitala e os maiores prepararon un baile moi bonito para ela. Repasamos o que foi este curso, fixemos balance de todo o aprendido e puxemos en xogo os valores cos que queremos regar as nosas vidas e nos axudan a “camiñar con sentido”.

Puidemos desfrutar de actividades moi variadas para grandes e pequenos. Teatro, concurso de música, xogos tradicionais, hinchables, sorteos, mercadillo solidario, bingo, discoteca e festa da escuma amenizaron a xornada festiva de toda a Comunidade Educativa.

Agradecer o esforzo feito polo alumnado, á ANPA pola súa colaboración continuada, ás familias polas súas doazóns de alimentos e premios, e ao profesorado e persoal do centro por facer que todo funcione. Cada curso seguimos amosando que somos unha Comunidade Educativa solidaria e comprometida.