Saída a Manzaneda

Os alumnos de 1° da ESO desfrutaron da súa excursión de fin de curso en Manzaneda.
Tres días fantásticos cheos de actividades e emocións.
Houbo tempo para a multiaventura, piscina, tiro con arco, discoteca… e sobre todo moito contacto coa natureza e tempo xuntos.