180 aniversario da nosa fundadora, Santa Cándida María de Xesús
Celebramos con alegría e gratitude o aniversario da nosa querida Santa Cándida, unha figura que inspirou e guía a toda a comunidade educativa ao longo dos anos. Foi unha xornada moi especial, cargada de momentos emotivos e de convivencia que reforzaron os valores que nos unen.
A nosa celebración comezou cunha fermosa eucaristía na que lembramos e reflexionamos sobre os valores que vivimos durante todo o curso, baixo o lema: “Contigo son”. Este lema reflicte o espírito de colaboración, solidariedade e compromiso que caracteriza a nosa comunidade educativa, e que nos anima a seguir crecendo e aprendendo xuntos.
Despois da misa, disfrutamos dunha ampla variedade de actividades para todas as idades. Houbo xogos, hinchables e concursos de baile, que fixeron que tanto nenos como adultos se divertiran e compartiran momentos de diversión. A alegría, como lle gustaba á nosa fundadora, foi a tónica da xornada, creando un verdadeiro ambiente de amizade.
Ademais, a nosa ANPA organizou dous concursos moi populares: un de tortilla e outro de postres, onde pais e nais puideron mostrar as súas habilidades culinarias. Os pratos presentados foron deliciosos e creativos, e a participación foi moi alta, demostrando o talento e a ilusión de toda a comunidade escolar.
Queremos agradecer a todos os que fixeron posible esta festa tan especial: docentes, PAS, familiares, alumnos e membros do ANPA. Gracias pola vosa implicación e entusiasmo, que fan do noso cole un lugar de formación e de celebración.
Seguiremos traballando con ilusión para que cada aniversario sexa unha ocasión de encontro, de recordo e de mirar cara o futuro con esperanza e confianza. Ata o próximo ano!
