Unha Pascua con sentido

Hoxe reunímonos para celebrar a Pascua. O obxectivo foi achegarnos á experiencia da resurrección de Xesús, coñecer os efectos que produce este feito nas persoas, os cambios que se produciron nos discípulos e tamén en nós. Aprendemos que o verdadeiro sentimento que nos move ao cambio é o AMOR.
Como sabemos, Xesús pasou pola vida facendo o ben, o que o levou a AMAR sen límites a todo o mundo, sobre todo, aos máis vulnerables. Desde o colexio fixemos un chamamento para apostar pola vida, por liberarnos de todas as nosas ataduras, dos nosos complexos para poder ser persoas felices. Xuntos vivimos os resultados dunha Pascua con sentido e desde os cinco sentidos.