Sementa paz no teu interior

Durante o mes de xaneiro aprendemos a importancia de observar as propias emocións e as sensacións que nos producen. Traballamos na identificación das emocións dos demais e o desenvolvemento da empatía. Tamén puidemos relacionar que para poder CAMBIAR e CREAR un mundo en PAZ é moi importante autocoñecernos e manter unhas relacións cos demais que sexan saudables. Para isto é importante o fomentar o respecto e a tolerancia.
Este Nadal, o Papa Francisco lembrounos que a PAZ precisa feitos concretos, non só celebrar a PAZ nun día sinalado, senón que para construir un mundo sen violencia é importante ser humildes, saber perdoar e mirar aos demais desde o amor.