Proxecto Francés: O Cambio é o Camiño

Neste curso levamos a cabo na ESO un proxecto interdisciplinar relacionado co Camiño de Santiago, titulado O CAMBIO É O CAMIÑO. Na materia de Francés, os alumnos de 3º B ESO realizaron unha entrevista a través de Google Meet aos alumnos de 3º do colexio francés Le Prieuré de Sambin, colexio co cal levamos facendo intercambios dende o ano 2011. Os obxectivos da entrevista eran practicar a lingua francesa nun contexto real, manter a boa relación que existe dende hai 10 anos entre os dous colexios, a pesar de non poder facer o intercambio dende que houbo a pandemia, e sobre todo descubrir o que coñecen os adolescentes franceses sobre o noso Camiño. Quedaredes sorprendidos do moito que saben do noso Apóstolo, da súa catedral e da tradición do noso Camiño, no cal participan tamén amigos e familiares destes alumnos franceses!!