Proxecto de Natural Science de 4º EP «Our body, what a machine»

O alumnado de 4° EP estivo traballando neste proxecto sobre o corpo humano na materia de Natural Science, no que viron como funciona cada sistema e aparato do noso corpo. Tamén estiveron aprendendo sobre os músculos, ósos… pero o máis incrible foi velos colocar todas estas pezas a eles sos e ver como debatían e chegaban a acordos para montar esta exposición dos seus traballos.