Non lle deas plantón ao teu bosque!

Hoxe foi un día moi especial para os alumnos de 1ºESO: a súa primeira saída despois de moito tempo! No marco do proxecto «Non lle deas plantón ao teu bosque!», saíron ás 09:30h para facer un xesto moi bonito: a plantación de árbores no monte San Lois. O 21 de marzo é proclamado polas Nacións Unidas coma o Día Internacional dos Bosques, e axudando neste labor de concienciación, estiveron con nós os axentes ambientais de Noia, a Comunidade de Montes de Boa e o concelleiro de Medio Ambiente do concello de Noia. Ademais contamos co apoio da Fundación Educativa Jesuitinas que impulsou este proxecto dende o principio.
O Colexio quere agradecervos a todos a vosa axuda neste gran obxectivo: fomentar nos nosos alumnos unha conciencia ecolóxica e unha educación dirixida á protección do monte e da Terra, a nosa Casa Común.