Magosto e Peón no noso colexio

O 11 de novembro é a festividade de San Martiño, por iso celebramos no noso colexio o Día do Peón, pois como ben di o refrán: «Polo San Martiño, trompos ao camiño». Así é como os fixeron bailar os rapaces de tódalas etapas no patio do colexio, facendo competicións entre eles. Tamén participaron noutros xogos populares como a ra, a chave, as serpes, as damas, os tres en raia… Pero este ambiente festivo estivo acompañado doutra tradición propia deste tempo: O Magosto, na que todos degustamos as ricas e quentiñas castañas que o señor Serafín, un ano máis, ía repartindo con moito cariño. Foi unha xornada moi celebrada e na que o noso alumnado disfrutou moito, ademais tendo en conta que o ano anterior non se puido festexar.