Galicia infinda

Galicia infinda, así a chamaba Florencio Delgado Gurriarán e así a consideramos no colexio, e para emular a Florencio fixemos un mapamundi e alí colocamos cada un de nós a nosa querida e adorada Galicia.

Gracias a Florencio puidemos evadirnos e situarnos na aldea de Córgomo, nos viñedos, nos traballos do campo.

Achegámonos a figura deste escritor, editor e militante político por medio duns rapaces da ESO e a colaboración de todo o colexio para recoñecer a relevancia que tivo Florencio para a cultura e a historia de Galicia.

Para rematar o acto, todo o colexio levamos para a casa unha pulseira da bandeira de Galicia como agasallo do departamento de Normalización para non esquecer a importancia de falar e querer o noso idioma “O Galego”.