Disfrace seguro

Os alumnos de 6º de Primaria participaron no concurso “Disfrace seguro” promovido polo Instituto Galego de Consumo.

Despois dunha charla que recibimos por parte da entidade organizadora, quedounos moito máis claro o importante que é mirar ben as etiquetas dos disfraces para comprender os riscos que entrañan. Logo, os alumnos deseñaron os seus propios disfraces e, o máis importante, unha etiqueta onde queda todo ben especificado.

E temos dúas gañadoras! Carmen Christensen e Celia Queiro. Parabéns campionas!