Día de Rosalía de Castro

Neste curso, o 23 de Febreiro conmemoramos o nacemento de Rosalía. Foi a primeira vez que festexamos o día exacto do seu nacemento no noso cole, e fixémolo da man de Sagrario Abelleira, a muller que descubriu que o nacemento de Rosalía foi o día 23 de febreiro e non o día 24 como todos pensabamos.

Dende o colexio non quixemos deixar pasar o día sen honrala como se merece, por iso, durante todo a semana estivemos decorando a entrada do colexio, e o propio mércores 23 foi o seu gran día, dedicándolle unha megafonía onde os rapaces da ESO participaron e o resto do colexio pintaba un marcapáxinas que nos agasallou o equipo da Biblioteca.

Tamén tivemos un concurso de chapas dividido por primeiro ciclo, segundo ciclo e ESO. Para rematar a xornada, no comedor puidemos degustar o “Caldo de Gloria” que nos fixeron as nosas magníficas cociñeiras.