Aniversario de Santa Cándida
Despois de moito tempo, onte puidemos disfrutar da nosa tradicional festa de fin de curso. A xornada comezou coa celebración de aniversario de Santa Cándida, a nosa fundadora. Foi un momento moi emotivo onde toda a Comunidade Educativa lembramos todo o aprendido nestes tres últimos anos. Moitas cousas pasaron que nos cambiaron, pero que nos fixeron máis fortes.
A festa continuou ao ritmo “das Vegas”, música, xogos e moita diversión acompañáronnos durante toda a xornada festiva. Pequenos, maiores e profesores pasárono xenial aceptando os retos de cada proba preparada.
Damos grazas ás Fillas de Xesús por todo o herdado e pola súa labor que comezou hai xa 150 anos, e que hoxe está presente en 17 países do mundo. Grazas tamén ás familas por estar presentes en cada momento vivido e por axudarnos a seguir medrando ano tras ano. Ata a próxima!
