Acto de entrega dos diplomas de Cambridge

O mércores 15 de decembro foi un día moi especial para todos os alumnos que no pasado mes de xuño se presentaron aos exames de inglés. No polideportivo do Colexio tivo lugar o acto de entrega dos diplomas de Cambridge ao que asistiron alumnos e familiares.

StartersMoversFlyersKey for schools e Preliminary for schools: 5 niveis polos que os nosos alumnos van avanzando dende Primaria ata a ESO na súa aprendizaxe da lingua inglesa. Conseguir estas titulacións é unha gran motivación para eles e estamos todos moi orgullosos do seu esforzo. Parabéns a todos por este logro!! Congratulations!!

O noso Colexio quere seguir promovendo a aprendizaxe de linguas estranxeiras e a súa acreditación. Animamos a todos os alumnos a aproveitar esta oportunidade para conseguir un diploma que lles axudará tanto academicamente coma no seu futuro profesional.