150 aniversario das Fillas de Xesús

O día da Inmaculada ten moitas resonancias para nós: por un lado porque a Igrexa celebra a María; por outro, porque foi o día escollido por Deus e a Nai Cándida para a Fundación da Congregación das Fillas de Xesús; e seguro que para cada un de nós está unido a experiencias, vivencias familiares e colexiales… Este curso tivemos un dobre motivo para festexar, pois demos peche ao ano xubilar dos 150 anos da creación da Congregación das Fillas de Xesús, lembrando todo o camiñado ata aquí nas propostas de “12 meses, 12 experiencias”. Invitacións, regalos, acción de grazas e desexos de cambio foron os ingredientes desta xornada e, como final de festa, a chocolatada de ALCOR con música e bailes. Estamos orgullosos de pertencer a esta gran familia!